lunes, 23 de enero de 2017

SEMANA BLANCA EN PAL ARINSAL (ANDORRA ´17)

O día 14 de xaneiro partimos rumbo a Andorra, para disfrutar dunha semana de esquí e snowboard na estación de PAL-ARINSAL, cun grupo de 32 alumnos/as acompañados/as por Nuria Pena, Noemí Fernández e a nosa magnifica auxiliar de conversación Anne Stollsteimer.

Unha vez máis pasámolo xenial!!!

Tedes debaixo un enlace a algunhas fotos que sacamos.

viernes, 13 de enero de 2017

XORNADA DE PROMOCIÓN: "TENIS DE MESA".

O día 10 de xaneiro o club de Tenis de Mesa "Dez Portas" de Lugo veu ao noso centro a facer unha xornada de iniciación a este magnifico deporte.

Esta actividade está enmarcada dentro do plan Proxecta: Proxecto deportivo de centro, "Coñece o meu club".

Espero que fose do voso agrado e que todos aprenderades moito deles.