lunes, 21 de febrero de 2022

PVSD: XOGADE: CAMPEONATO GALEGO DE CAMPO A TRAVÉS EN LOURENZÁ.

 O pasado domingo, día 20 de febreiro, tivo lugar en Lourenzá o Campeonato Galego de Campo a través, tres foron os clasificados do noso IES no campeonato provincial para dito campeonato, finalmente dous deles participaron onte: Iván Feijoó e Loiz Vázquez.

Ambos tiveron unha brillante actuación no campeonato nun percorrido de campo a través duro e cheo de obstáculos, Iván tivo que percorrer unha distancia de 2500m e Lois unha distancia de 3000m.

Parabéns aos dous participantes pola vosa brillante actuación nas xornadas de campo a través!

MAPA DOS PERCORRIDOS DA COMPETICIÓN.


Lois Vázquez e Iván Feijoó no Campeonato Galego de Campo a través.

lunes, 14 de febrero de 2022

PVSD: POESÍA E ACTIVIDADE FÍSICA.

Na biblioteca do centro, na semana do día dos namorados e tamén día de Rosalía..., alumnado do IES participou en obradoiros de creación poética que falasen do amor, pero non do amor en parella, relacións, senón do amor á música, ao recreo e tamén houbo poemas que expresaban o amor ao deporte, á actividade física...convidaron ao alumnado a recortar os existentes, plaxialos ou crealos inéditos. 




BOS AMORES

PVSD: XOGADE: CAMPEONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS EN VILALBA.

O pasado 12 de febreiro, alumnado de 1º, 2º e 3º ESO participou no "Campeonato Provincial de campo a través" que se celebrou en Vilalba (Lugo), acompañados da profesora de Educación Física: Noemí Fdez Pedraza.

O alumnado que representou ao IES foi:

INFANTIL MASCULINO.

Ángel Ansede Blanco

Iván Feijoó López

Jonnathan Ares Río

Javier Ferreiro Cartemil

INFANTIL FEMENINO

Aldara Coira Corral

Ánxela Marcelino Fernández

CADETE MASCULINO

Iago Cruz Lorenzo

Hugo González Lemos

Óscar Morandeira Novo

Rubén Pérez Montes

Yago Rodríguez Roca

Xoel Sánchez López

Brais Santamarina Álvarez

Lois Vázquez Rivera

CADETE FEMENINO

Yanira Ansede Iglesias

Uxía Balsa Lage

Lucía Canteiro Beres

Paula González Riva

Aroa Leira Morado.

Tamén compartimos a experiencia no campeonato coa EDM Guitiriz de Atletismo e cos seus adestradores Toño Teijido  e Vicente Sanmartín.

CADETE MASCULINO

Josué Paguaga Figueroa

CADETE FEMENINO

Enma Abella Saavedra

Nerea Leira Morado

Aroa López Río

María Paz Miragaya

Elba Sanmartín Rodríguez


Os equipos do noso IES fixeron unha moi boa actuación, quedando nas posiciones seguíntes:

Infantil masculino: 5ª posición con 75 puntos.

Cadete masculino: 4ª posición con 42 puntos.

En infantil femenino e cadete femenino non tivemos mulleres suficientes para puntuar por equipos.


De xeito individual clasificáronse para o "Campeonato Galego de Campo a través":

Iván Feijoó López.

Brais Santamarina Álvarez.

Lois Vázquez Rivera.


PARABÉNS A TODOS/AS OS/AS  PARTICIPANTES!

FOTOS DA XORNADA

CIRCUITO EN VILALBA.

El Progreso, 15 de febrero de 2022.




miércoles, 2 de febrero de 2022

PVSD: EXPOSICIÓN E CAMIÑATA POLA CORUÑA 3º E 4º DA ESO.

 O pasado día 02 de febreiro de 2022 o alumnado de 3º e 4º da materia de Educación Plástica e Visual foi a exposición de arte de Peter Lindbergh: Untold Stories no porto da Coruña, acompañados polas súas profesoras Alba, Noemí e Nuria e máis polo auxiliar de conversa Tomás Hermsen.

O acceso foi gratuito. As aportacions voluntarias dos visitantes e os beneficios xerados pola venta de merchandising da exposición serán doados ao proxecto Future Stories da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, destinado a apoiar a xovenes creadores no inicio das súas carreiras artísticas. 

Ao finalizar a exposición fixeron unha camiñata pola Coruña.