martes, 25 de enero de 2022

SEMANA BLANCA: BAQUEIRA BERET 2022

Alumnado de 1º, 2º e 4º da ESO acompañados polas profesoras de Plástica: Nuria Pena e Educación Física: Noemí Fdez pasaron unha magnífica semana en Vielha, aprenderon deportes novos na neve: esquí e snowboard, na estación de Baqueira Beret.

O obxectivo principal da viaxe foi que o alumnado aprendera o mundo dende a súa propia vivencia, a través das súas propias experiencias, porque así é como se lle fai significativo o mundo exterior e se integran todos os coñecementos de forma global. As saídas e visitas educativas constitúen o mellor medio de enseñanza intuitiva e agudizan o sentido da observación, polo que serán o mellor fondo de cultura para posteriores anos.

Esperamos que aprenderades moito e o pasarades increíble!

Gracias polo voso increible comportamento!


De seguido déixovos un enlace a vídeos e fotos da viaxe, ademáis do enlace ao diario de viaxe que elaborou Proxecta Sport para vós.




miércoles, 19 de enero de 2022

PVSD: CAMIÑATA: PAISAXE DE INVERNO. 2º ESO

Saída realizada co alumnado da materia "Paisaxe e sustentabilidade" de 2º ESO cos profesores Fátima e Jairo, o día 18 de xaneiro do 2022. Nesta ocasión observaron a estación do inverno.

Os obxectivos da saída foron:
- Aprender a valorar a paisaxe do seu entorno máis próximo, así serán conscientes do importante que é conservalo e non deterioralo.
- Observar os cambios que se van producindo na paisaxe según as distintas estacións 
- Facer de guías na ruta, para así valorar os recursos paisaxísticos de Guiririz.