lunes, 29 de noviembre de 2021

XADREZ NA AULA DE MATEMÁTICAS.

Durante os meses de novembro e decembro o profesor Xosé Ferreiro comezou a traballar na aula na clase de Matemáticas co alumnado de segundo ESO, ensinándolles a xogar ao xadrez, dentro do "Programa Proxecta: PVSD".

Comenzaron primeiro aprendendendo a xogar on line, para logo máis tarde pasar aos taboleiros.

O obxectivo desta actividade é formar ao alumnado de 2 ESO para poder máis tarde poñer en funcionamento a escola de xadrez na biblioteca do centro no tempo de lecer, contando con este alumnado como profesores do resto de alumnado do IES.







martes, 9 de noviembre de 2021

CAMIÑATA: PAISAXE DE OUTONO.

Saída realizada pola contorna de Guitiriz, co alumnado da materia "Paisaxe e sustentabilidade" de 2º ESO cos profesores Fátima e Jairo para estudar as estacións do ano, nesta ocasión en concreto o outono. Recolleron froitos, follas, ramas... e decoraron a entrada do IES con todo elo.

Os obxectivos da saída foron:
- Aprender a valorar a paisaxe do seu entorno máis próximo, así serán conscientes do importante que é conservalo e non deterioralo.
- Observar os cambios que se van producindo na paisaxe según as distintas estacións 
- Facer de guías na ruta, para así valorar os recursos paisaxísticos de Guiririz. 






martes, 2 de noviembre de 2021

XOGOS TRADICIONAIS NO SAMAÍN

O pasado venres día 29 de outubro todo o alumnado das tres etapas educativas do centro: ESO, BACHARELATO e FP Básica, participou nunha xornada de xogos tradicionais, aproveitando que no centro celebrabase o Samaín.

Os xogos populares teñen unha dimensión lúdica e educativa, e son parte importante da convivencia e cooperación en grupo. Posúen un gran valor socio-cultural que sobrepasa os aspectos lúdicos, pois cada xogo presenta diferentes características dependendo da zona na que se practica.
Os xogos defínense como a actividade física ou mental que ten a finalidade de divertirse e entreterse.

Algúns dos xogos cos que o alumnado puido disfrutar foron: Mariola, As catro esquinas, Os tres pés, A Rá, A Chave, Carreira de Sacos, Soga tira, Carreira de Chapas, Saltar a Corda, As lombas...

De seguido déixovos algunhas fotos e vídeos da xornada.




FOTOS E VÍDEOS DA XORNADA