martes, 14 de septiembre de 2021

RESUMO DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 2021/2022 POR NIVEIS, DAS MATERIAS "EDUCACIÓN FÍSICA" E "VIDA SAUDABLE DE DEPORTIVA"

  Deixovos de seguido un enlace ao resumo da programación didáctica por nivel das materias de "Educación Física" e "Vida saudable e deportiva" para o curso académico 2021/2022.

RESUMO DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DO CURSO ACADÉMICO 2021/2022 POR NIVEIS, DAS MATERIAS "EDUCACIÓN FÍSICA" E "VIDA SAUDABLE E DEPORTIVA".

MATERIAL NECESARIO PARA AS CLASES DE EDUCACIÓN FÍSICA

Deberedes traer unha bolsa ou mochila pequena (so para EF) cun “kit de E.F.”. 

Este consistirá no seguinte:

·      Unha esterilla deportiva identificada, para facer exercicio enriba dela no chán.

·      Unha máscara e un estoxo identificados para gardala de xeito seguro cando sexa necesario retirala. Sería aconsellable unha máscara de reposto.

·      Solución hidroalcohólica para unha desinfección frecuente das mans, ben identificada.

·   Botella de auga individual claramente identificada. Non existirá a posibilidade de hidratación en billas polo que cada alumno/a será o responsable da súa hidratación. Non se poderá compartir a botella de auga.

·      Roupa de cambio identificada: Camiseta e calcetíns, para cambiarse ao rematar a clase.

·     Toalla pequena identificada ou toallitas hixienizantes, para asearse ao rematar a clase no vestiario.

·   Roupa de abrigo, paraugas (en caso de ser necesario…) Imos facer clase a meirande parte do tempo ao aire libre.



PRESENTACIÓN DO PROTOCOLO PARA AS CLASES DE EDUCACIÓN FÍSICA POR MOR DA COVID-19

 




PROTOCOLO COVID NAS CLASES DE EDUCACIÓN FÍSICA

BENVIDOS!

 

Ola!

Como profesora do departamento de Educación Física do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz, douvos a benvida a este blogue.
Espero que pasárades un verán xenial e veñades coas pilas moi, moi carregadas para afrontar un novo curso académico, unha nova aventura.
Aquí informareivos de todo tipo de actividades relacionadas coa materia de Educación Física e co proxecto que coordina o departamento "Proxecta sobre vida activa e deportiva (PVAD)": tempo de lecer activo, saídas complementarias e extraescolares, proxectos, xogade...
Deixareivos calqueira cousa relacionada co mundo do deporte e da actividade física que considere que poida servos de utilidade.
Bo rumbo.