jueves, 27 de mayo de 2021

PDC E PROXECTO DIDÁCTICO DE AULA INTERDISCIPLINAR 1º ESO:, CABULLERÍA: CRUCEIRO.

 Esta actividade está enmarcada dentro do Proxecta: Proxecto Deportivo de centro, e forma parte do curriculo de 1º ESO da materia de Educación Física.

Tamén está enmarcada dentro do proxecto didáctico de 1º ESO: Cruceiro.

O alumnado asistiu a un curso básico de nudos mariñeiros no ximnasio do barco, o cal seralles de gran utilidade mentras dure a viaxe.



                                        https://view.genial.ly/60affe72bbf52b0db1f2831a


martes, 25 de mayo de 2021

PDC E PROXECTO DIDÁCTICO DE AULA INTERDISCIPLINAR DE 1º ESO: PARQUE DE AVENTURA: ROQ PARK 2021

Hoxe, 25 de maio de 2021, o alumnado de 1 ESO acompañado polas súas profesoras: Irene, Inés e Noemí visitamos o  parque de aventura Roq Park de Viveiro pola mañá,  actividade enmarcada dentro do Proxecta: PDC, pola tarde estivemos en Viveiro: mirador de San Roque, Ermita de San Roque e Cova do Santo, tamén en Cervo no Museo do Mar, Carpintería da Ribeira e na Fábrica de Salgadura, actividade enmarcada dentro do proxecto didáctico de 1º ESO: Cruceiro.

https://view.genial.ly/60aebba3fc3a130d3f9baa76

Despois dun ano tan triste e con tan pouco movemento, espero que o pasarades moi ben na saída.



Podedes ver máis fotos no seguinte link: FOTOS E VÍDEOS DA XORNADA

lunes, 24 de mayo de 2021

RÁFTING 2021


Hoxe día 24 de maio de 2021, o alumnado de 1º BAC acompañado polos seus profesores Martín, Inés e Noemí, foron a un bautismo de Ráfting no Río Ulla coa empresa Arrepións, primeira empresa galega de Turismo Activo e na actualidade unha das máis antiguas de España:

Arrepións gracias por todo sodes xeniales, foi unha experiencia inolvidable que disfrutamos a tope.

Alumnado gracias polo voso comportamento, exemplar coma sempre!




                                          FOTOS ESPECTACULARES DA XORNADA





viernes, 14 de mayo de 2021

PDC E PROXECTO DIDÁCTICO DE AULA INTERDFISCIPLINAR DE 1º ESO: XORNADA DE SENSIBILIZACIÓN: GOALBALL.

O noso alumnado de 1º ESO, disfrutou do deporte paralímpico"Goalball", o mércores 12 e o venres 14 de maio gracias á colaboración do Departamento de Orientación, a Fundación ONCE e o Departamento de Educación Física, actividade enmarcada dentro do Proxecta: Proxecto Deportivo de Centro e máis no proxecto didáctico de aula de 1º ESO.




jueves, 13 de mayo de 2021

PROXECTO DIDÁCTICO DE AULA INTERDICIPLINAR DE 2º ESO: MISIÓN 4, SALVAR A COLÓN.

 

Un polizón inglés do século XVIII cólase na nave que leva a Cristovo Colón ata América e envenénao para evitar que sexa el o descubridor de América e dar a oportunidade ós anglosaxóns de conquistar tan vasto continente. Só a poboación indíxena da illa de Guanahani teñen o antídoto, pero non poden comunicarse cos recén chegados porque non falan a súa lingua. Os bolseiros deben aprender o idioma indíxena e ser quen de descifrar a receita do antídoto para salvar a Colón dunha morte segura.



Os bolseiros terán que conseguir chegar remando a illa de Guanahani; é importante conseguir o antídoto, para elo reúnense e planifican como o farán.


Pódese consultar a misión interdisciplinar enteira no seguinte enlace:





miércoles, 12 de mayo de 2021

CHARLA : CIDADE DE LUGO DE PIRAGÜÍSMO.

O pasado martes 11 de maio tivo lugar no centro unha charla didáctica para acercar ao alumnado de 1º e 2º ESO a un deporte novo: piragüísmo.

A charla foi impartida por un profesional do clube "Cidade de Lugo de piragüísmo"

Moitas gracias pola vosa atención e respeto!



martes, 11 de mayo de 2021

FACEMOS ACTIVIDADE FÍSICA: BAILAMOS DESPEDINDO A 2º BAC.

 

O alumnado de 2º BAC da materia de "Vida Saudable e Deportiva" preparou para a materia unha coreografía, que logo a profesora de Educación Física ensinou a todo o alumnado.
Polo que o luns, día 10 de maio, despedimos a 2º BAC bailando todo o centro xuntos na pista polideportiva, eso sí respectando as medidas Covid: grupos de convivencia, distancia de seguridade, mascarilla e aire libre.
Parabéns a todo o alumnado pola vosa implicación!
Gracias.


                                                         BAILAMOS TODO O CENTRO




lunes, 10 de mayo de 2021

PREMIOS PROXECTA: PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO,

PREMIO A CLASE DE VIDA SAUDABLE E DEPORTIVA DE 2º BAC pola traxectoria deportiva nas distintas actividades plantexadas no Proxecto Deportivo de Centro.



martes, 4 de mayo de 2021

EN BUSCA DOS VALORES PERDIDOS!

Esta actividade foi organizada pola profesora Noemí Fernández Pedraza e a auxiliar de conversación Prachi, realizouse co alumnado de  3º ESO non bilingüe, 3º ESO bilingüe e 4º ESO bilingüe.

1) Primeiro organizaronse as distintas clases en pequenos grupos.

2) Cada tres minutos deuse a saída a un grupo, o cal tería que ir en busca dos valores perdidos coa axuda dun mapa( MAPAS 1, 2, 3, 4 E 5)

3) Cada grupo levou un mapa do IES e tivo que facer un percorrido sinalizado no mesmo, despois de pasar por cada lugar marcado cun número no mapa ( tiñanse que fixar que letra e número atopaban en cada punto sinalizado) o grupo tivo que acudir a un punto de control onde estaban as profesoras e decir a letra e número atopados en cada punto.

4) Cada vez que o grupo enteiro acudiu ao punto de control, se a letra e número atopados en cada punto era correcto, entón escollían dunha caixa unha tarxeta cun reto de entre varios.

Véase exemplo en inglés dos mesmos:

a) Try to hum a song until someone from the group guesses the song.

b) Do ten push ups

c) Do the macarena dance for 30 seconds

d) Take a round of the playground while hopping on one foot.

e) Let the group yell out random animals for a minute, and you have to impersonate them all ( at least five)

f)  Do the best impersonation of someone in your class

g) Do three double jumps with the jumping rope.

h) Go a whole minute without blinking

5) O grupo enteiro fixo cada reto proposto e por cada un ben feito, obtivo uns papeles cunhas letras escritas.

6) Ao finalizar todo o percorrido, tiveron que construir coas letras obtidas dos distintos retos, dúas palabras relacionadas con valores deportivos, valores da vida.

Os cursos bilingües tiveron que contruir as palabras en inglés e os non bilingües en español.



-VALUES: ATTITUDE, HEALTHY, HEARTFELT, FRIENDSHIP, HELP, RESPECT, FELLOWSHIP, STRENGHT, EFFORT, WORK, OPPORTUNITY, FEAR, EQUALITY, DISCIPLINE, LIFE, PEACE, FORMATION.

-VALORES: TRABAJO, JUSTICIA, AUTOCONTROL, ENTUSIASMO, LIDERAZGO, COOPERACIÓN, HUMILDAD, COMUNICACIÓN, VALENTÍA, ADAPTABILIDAD, MOTIVACIÓN, EQUIPO, EJEMPLARIDAD, CONFIANZA, RESPETO, ESFUERZO, AUTODISCIPLINA, PASIÓN, EMOCIÓN.


                                                                                                                                          MAPA 1                                   MAPA 2                                            MAPA 3
        
                                                 MAPA 4                                         MAPA 5