viernes, 18 de septiembre de 2020

MATERIAL NECESARIO PARA AS CLASES DE EDUCACIÓN FÍSICA.

Deberedes traer unha bolsa ou mochila pequena (so para EF) cun “kit de E.F.”. 

Este consistirá no seguinte:

·      Unha esterilla deportiva identificada, para facer exercicio enriba dela no chán.

·      Unha máscara e un estoxo identificados para gardala de xeito seguro cando sexa necesario retirala. Sería aconsellable unha máscara de reposto.

·      Solución hidroalcohólica para unha desinfección frecuente das mans, ben identificada.

·   Botella de auga individual claramente identificada. Non existirá a posibilidade de hidratación en billas polo que cada alumno/a será o responsable da súa hidratación. Non se poderá compartir a botella de auga.

·      Roupa de cambio identificada: Camiseta e calcetíns, para cambiarse ao rematar a clase.

·     Toalla pequena identificada ou toallitas hixienizantes, para asearse ao rematar a clase no vestiario.

·   Roupa de abrigo, paraugas (en caso de ser necesario…) Imos facer clase a meirande parte do tempo ao aire libre.




BENVIDOS!

        Comenzamos o curso académico 2020/2021, un curso marcado pola COVID-19 que fará que aprendamos moito máis do que cremos.

         Quero dar unha benvida especial ao alumnado máis novo, os de 1º ESO, este IES vaivos encantar, ídes estar moi ben e contentos, e estou segura de que este ano máis que nunca o alumnado dos outros cursos vaivos axudar a tope, así que disfrutade cada momento desta etapa que comenzades.

        Eu estou especialmente contenta, porque podereivos ensinar a diario presencialmente e aínda que teremos que guardar a distancia de seguridade e non poderemos vernos as caras, lembrade que os ollos son o espello do alma.

        Como sempre podedes seguir contando conmigo para o que necesitedes, seguireivos axudando no que precisedes tal como o fixen ata o de agora, hai cousas que nunca cambiará unha pandemia.

    As primeiras entradas neste blog estarán adicadas ao protocolo de uso das instalacións deportivas do centro e ao material necesario para as clases de Educación Física.

        Gracias a todos por voltar con saúde ao centro!