jueves, 28 de marzo de 2019

MICROMACHISMOS NO DEPORTE.

Os días 26 e 28 de marzo, o alumnado das seccións bilingües de Educación Física de 3º, 4º ESO e 1º BAC no tempo de lecer, fixemos unhas representacións na entrada do IES acerca de "Micromachismos no deporte".
En primeiro lugar, a profesora de Educación Física: Noemí xunto coa auxiliar de conversa: Elena, ensinaron ao alumnado vídeos famosos totalmente normalizados dos que antes non nos decataramos dos actos machístas que neles tiñan lugar.
Despois estivemos falando do tema e incluso nos comentaron experiencias persoais que elas viviran, como que en Arxentina as mulleres non podían acceder ao estadio a ver partidos de fútbol se non ían acompañadas con homes, con xustificacións tales como que podía ser perigoso para elas por iso tiñan que ir cun home que as protexera.
A partir de tratar o tema, dividímonos en grupos e cada grupo elixiu un micromachismo para representar mediante comunicación oral: inglés e comunicación corporal: expresión corporal; algúns dos micromachísmos que saíron no "brain storming" foron tales como: recibir un premio de menor tamaño por ser muller, vestimenta axustada para as mulleres, vestimenta de mulleres, ver e practicar deporte acompañadas,  insultos e "piropos" innecesarios, infravaloración nos logros deportivos das mulleres en xornais, TV e na sociedade en xeral...;todas elas actitudes normalizadas que nunca deberían sufrir as mulleres.

Con esta actividade aprendemos cousas tan interesantes como: 
- Traballamos a igualdade de xénero.
- Aprendemos a non normalizar os micromachismos.
- O Deporte é para as persoas non para os xéneros.
- Melloramos a comunicación en inglés.

Gracias pola aprendizaxe!

Alumnado de 1º BAC.


                                                    VÍDEOS E FOTOS DA XORNADA


miércoles, 20 de marzo de 2019

CAMPEONATO PROVINCIAL DE ORIENTACIÓN ESCOLAR.

Un ano máis o IES Poeta Díaz Castro participou no "Campeonato Provincial de Orientación Deportiva" que se disputou no parque de Frigsa en Lugo, o día 20 de marzo de 2019.



Podedes ver os resultados por categorías no seguínte enlace: RESULTADOS DO CAMPEONATO INDIVIDUAIS E POR CENTROS.

Felicitovos pola vosa participación como centro neste campeonato, onde cada un de vos aportastedes un graniño de area que fixo que o centro resultase campeón.

Tamén quero felicitar especialmente a:

- Daniel García Cordeiro e Xabier Castro López en infantil masculino polos seus meritorios primeiro e terceiro postos respectivamente nesta categoría.

- Paula García Graña, Marta Elisa Sanmartín Campello e Yanira Guizán Montes pola súa espectacular actuación neste campionato na categoría infantil femenino, obtendo uns meritorios primeiro, segundo e terceiro postos respectivamente.


CLASIFICACIÓN POR CENTROS.

Tamén deixovos a clasificación por centros:

 1)  IES POETA DÍAZ CASTRO
 2)  IES A PINGUELA
 3) IES XOAN MONTES


Según a clasificación, QUEDAMOS PRIMEIROS e o centro ten dereito a participar no Campeonato Galego de Orientación Deportiva que disputaráse o 04 de Maio de 2019 en Cenlle (Ourense).

Podedes ver fotos no seguínte enlace  FOTOS CAMPEONATO
Parabéns a todos!! 
Grazas pola vosa participación e o voso xogo limpo.

Sorte no Campeonato Galego, forza Guitiriz!