viernes, 20 de diciembre de 2019

LIGAS INTERNAS DE RUGBY TAG E TENIS DE MESA.

As ligas Internas de Rugby Tag e Tenis de Mesa do primeiro trimestre chegaron ao seu fin no mes de decembro:

- CAMPIÓNS LIGA INTERNA RUGBY TAG 1º, 2º, 3º ESO: 3º ESO BILINGÜE
- CAMPIÓNS LIGA INTERNA RUGBY TAG 3º, 4º ESO, 1º, 2º BAC: 2º BAC
- CAMPIÓNS LIGA INTERNA DE TENIS DE MESA 1º e 2º ESO: Daniel Morandeira, Brais              Santamariña, Miguel Anxo e Engroba.








martes, 19 de noviembre de 2019

CHARLA 1º ESO: HÁBITOS DE VIDA SAUDABLES.

Onte tivo lugar no IES unha charla para 1ºESO a cargo da pediatra, Sheila,  do Centro de saúde de Guitiriz
Abordou as seguintes temáticas: cambios no corpo dos nenos/as ,hixiene,  alimentación e hábitos saudables (deporte, uso moderado de novas tecnoloxías, ...)
O alumnado fixolle moitas preguntas,curiosidades e dúbidas  relacionadas coa temática da charla, as cales ela respondeu moi cercana.
As familias estiveron moi implicadas na charla tamén, pois o alumnado levou para casa unha tarxetiña para cubrir cos seus pais/nais/titores esas cosas nas que tiñan maior inquedanza.
Este é un tema que atañe ao centro e aos servizos sanitarios,pero de maneira moi directa ás familias tamén.

¡Moitas gracias a todo o alumnado por estar tan atento na charla e por participar activamente na mesma!

¡Moitísimas gracias a Sheila polo seu incondicional apoio e colaboración sempre se lle require!



miércoles, 13 de noviembre de 2019

ANDAINA:CAMIÑAMOS POR RETOS

O día 12 de novembro ás 10.30h (Día internacional contra a obesidade infantil) fixose unha andaina educativo/solidaria coas comunidades educativas do CEIP Plurilingüe Santo Estevo de Parga (éstes non viñeron debido a previsión meteorolóxica de chuvia) , CEIP Lagostelle e IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz, organizada polos profesores de Educación Física dos tres centros educativos e colaborando na mesma distintos mestres, departamentos didácticos, equipos directivos dos centros e a comunidade educativa en xeral: persoal laboral, personal non docente, familias, centro de saúde de Guitiriz, Concello de Guitiriz, departamento de deportes e  técnicos deportivos do Concello de Guitiriz, protección civil, policía local…

O percorrido realizouse polo pobo de Guitiriz e os seus arredores, sendo a saída e o retorno no campo da Feira de Guitiriz e tendo unha lonxitude de cinco quilómetros para os participantes (tivemos que modificalo respetando a distancia, pero non o lugar polo que íamos ir por encontrarse en malas condicións debido ao mal tempo)


Nesta actividade loitamos por catro alicerces fundamentais:

A)      Camiñando por un reto: “Andaina”, contrarrestar e previr a obesidade, o sobrepeso e o sedentarismo mediante a actividade física e hábitos de vida saudables (alimentación saudable: o Concello de Guitiriz donou fruta para todos os asistentes, Sheila a pediatra do centro de saúde de Guitiriz vai dar unha charla ao alumnado sobre hábitos de vida saudables) chegando imaxinariamente sumando os quilómetros de todos/as os/as participantes ata Estocolmo (cidade que está a 2500qms en liña recta de distancia de Guitiriz), ademáis de facer un estudo desta cidade a nivel medio ambiental e ver que cousas poderíamos importar para nosa vila referidas a esta temática. (Proxecta:PDC)

B)      Loitar pola igualdade de xénero: Levamos dorsais con nomes de mulleres deportistas históricas. (Proxecto: "Donas de sí")

C)      Apoiamos a investigación da leucemia infantil: “V edición volta ao cole contra a leucemia infantil” (recaudamos fondos cos que financiar proxectos de investigación infantil, participamos cunha aportación voluntaria de 1 euro, o IES ingresará dita aportación na conta da ONG: unoentrecienmil.org), entregouse dorsal adhesivo solidario sen numerar o día da carreira e diploma ao finalizar a mesma, premio ao seu esforzo. 

D)      Coidamos o medio ambiente, coidamos Guitiriz.

“Recollemos lixo” ao longo do percorrido con luvas reutilizables, formándonos nun planeta limpo e sostible. (Proxecto: aLIXeirate)

-O alumnado coa axuda do profesorado de inglés e auxiliares de conversación cantou cancións en inglés con temática sobre as tres R.(reutilizar, reducir, reciclar) coa axuda da auxiliar de conversa: Liz (Sección Bilingüe)

-O alumnado do CEIP de Lagostelle coa axuda do seu profesor de plástica e do auxiliar de conversación fixo distintas pancartas en inglés sobre as temáticas da andaina, coa axuda da auxiliar de conversa: Liz (Sección Bilingüe)

Agradecementos especiais para:
-Alumnado, profesorado, departamentos didácticos, comisión científico-tecnolóxica, direccións, persoal laboral, persoal non docente,auxiliares de conversación,  familias dos tres centros educativos.
-Concello de Guitiriz, corporación municipal, equipo de goberno, alcaldesa, servicio de deportes, técnico deportivo...
-Centro de saúde de Guitiriz: Sheila a nosa pediatra.
-Protección civil, voluntarios, Policia local...
-Veciños/as de Guitiriz.



Gracias a todos/as pola vosa participación, facendo que brillasemos nun día tan escuro!


              El Progreso 13/11/19                                  La Voz de Galicia 13/11/19

ALGUNHAS FOTOS DA ANDAINA

El Progreso, 17/11/19

jueves, 31 de octubre de 2019

ANDAINA: CAMIÑAMOS POR RETOS


O día 12 de novembro ás 10.30h farase unha andaina educativo/solidaria para as comunidades educativas do CEIP Plurilingüe Santo Estevo de Parga , CEIP Lagostelle e IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz, organizada polos profesores de Educación Física dos tres centros educativos e colaborando na mesma distintos mestres, departamentos didácticos, equipos directivos dos centros e a comunidade educativa en xeral: persoal laboral, personal non docente, familias, centro de saúde de Guitiriz, Concello de Guitiriz, departamento de deportes e  técnicos deportivos do Concello de Guitiriz, protección civil, policía local…

O percorrido realizarase polo pobo de Guitiriz e os seus arredores, sendo a saída e o retorno no campo da Feira de Guitiriz e tendo unha lonxitude de cinco quilómetros para os participantes.

Esta actividade ten catro alicerces fundamentais:
A)      Camiñando por un reto: “Andaina”, contrarrestar e previr a obesidade, o sobrepeso e o sedentarismo mediante a actividade física e hábitos de vida saudables.
B)      Loitar pola igualdade de xénero. ( dorsais con nomes de mulleres deportistas)
C)      Apoio a investigación da leucemia infantil: “V edición vuelta ao cole contra a leucemia infantil” (recaudación de fondos cos que financiar proxectos de investigación infantil, participaremos cunha aportación voluntaria de 1 euro, o IES ingresará dita aportación na conta da ONG: unoentrecienmil.org), entregarase dorsal adhesivo solidario sin numerar o día da carreira e diploma ao finalizar a mesma, premio ao seu esforzo.
D)      Coidamos o medio ambiente, coidamos Guitiriz.( “Recollida de lixo” ao longo do percorrido con luvas reutilizables, formándonos nun planeta limpo e sostible)


Animaos a participar!


            Cartel feito polo alumnado de 3º ESO de Educación Plástica do IES Poeta Díaz Castro.



                 Percorrido da andaina: 5qm                           Noticia: El Progreso:A Chaira, 06/11/19

miércoles, 16 de octubre de 2019

CENTRO DEPORTIVO D10

O día 16 de outubro fomos ao centro deportivo D10 en Outeiro de Rei (Lugo). Tivemos a oportunidade de disfrutar dun centro coas mellores instalacions deportivas de Galicia en canto a padel se refire.
Puidemos disfrutar dunha xornada na cal aprendemos deportes novos tales como: padel, tenis, fitness:TRX, cycling e finalizar cunha xornada de natación.
Fixestedes un traballo magnífico e o voso comportamento foi exemplar coma sempre.
Gracias aos monitores do D10 polo voso magnifico trato co alumnado e polas vosas ensinanzas e por suposto a dirección do clube pola vosa atención en todo momento e o bó trato cara a nos.







                                                         FOTOS DA XORNADA

lunes, 7 de octubre de 2019

LIGAS INTERNAS DE TENIS DE MESA E RUGBY TAG

Neste mes comenzarán as ligas internas de Tenis de Mesa para 1º e 2º ESO, tamén as ligas internas de Rugby Tag para alumnado de 1º,2º e 3º ESO, e Rugby Tag para alumnado de 3º, 4º ESO e 1º ,2º BAC.
Lembrade que as ligas deportivas están relacionadas co Proxecto Deportivo de Centro e terán lugar no tempo de lecer.





DATAS EXPOSICIÓNS ORAIS E EXAMES.

De seguido deixovos as datas dos exames e das exposicións orais desta primeira avaliación:


1º ESO "A"

EXPOSICIÓN ORAL: 
14 DE OUTUBRO

Daniela Ayerbe 
Elena Bosioc
Asier Bao

EXAMEN:
18 DE NOVEMBRO 

1º ESO "B"

EXPOSICIÓN ORAL:
15 DE OUTUBRO

Brais Arias

Noa Ferreiro
Martín Fernández

EXAMEN:
19 DE NOVEMBRO 

2º ESO"A"

EXPOSICIÓN ORAL:
12 DE NOVEMBRO

Balsa Díaz, Hugo
Barreiro Ferreiro, Alexander
Carreira San Román, Miguel
Castro López, Xabier

EXAMEN:
05 DE NOVEMBRO

2º ESO"B"

EXPOSICIÓN ORAL:
11 DE NOVEMBRO

 Caínzos Díaz, Nerea
 Calvo Pena, Paula
Campello Lodeiro, Sergio
Castro García, Javier 

EXAMEN:
04 DE NOVEMBRO

3º BILINGÜE

EXPOSICIÓN ORAL:
04 DE NOVEMBRO

Erika Bao 
Pablo Buceta 
Carla Calvo 

EXAMEN:
21 DE NOVEMBRO 

3ºNON BILINGÜE.

EXPOSICIÓN ORAL:
05 DE NOVEMBRO

Iván Díaz.

EXAMEN:
26 DE NOVEMBRO 

4 º ESO "A"

EXPOSICIÓN ORAL:
20 DE NOVEMBRO 

Ferreiro Rosende, Xoel
García Gutiérrez, Noemí
García Pena, Daniela
Guizán Montes, Kevin

EXAMEN:
15 DE NOVEMBRO. 


1º BAC

EXAMEN: 11 DE NOVEMBRO






viernes, 20 de septiembre de 2019

SEMANA EUROPEA DO DEPORTE. #BeActive,#GaliciaSaudable,#Somosactivos

1.    INTRODUCIÓN E XUSTIFICACIÓN:
Este ano celebrase a quinta edición deste evento que terá lugar do 23 ao 30 de septembro de 2019, chegando a sumar un total de 35 países, baixo o lema #BeActive, dende o noso centro educativo ao pertencer á comunidade autónoma de Galicia, ter en marcha un proxecto deportivo de centro e ter o selo de calidade de vida saudable, teremos tamén en conta os lemas #somosactivos,  #Galiciasaudable.  

Esta iniciativa levarase a cabo a nivel da UE, nacional, rexional e local, e inclúe actividades que acercan o deporte, a actividade física e os hábitos saudables a toda a sociedade ao marxen da idade, o xénero, a condición física e a capacidade.
O Consello Superior de Deportes  é o coordinador nacional do programa que se desenvolve  no noso país.

Especialmente celebraremos entre todos o día 27 de setembro, día Europeo do Deporte Escolar, alcanzando ese día máis de120 minutos de actividade física no noso centro escolar.

2.    OBXECTIVO:
O obxectivo é resaltar a importancia da educación física e do deporte nas escolas, xerando diversión e goce a través da actividade física, promovendo a saúde e o benestar, a inclusión e o desenvolvemento de competencias sociais no alumnado e establecer relacións entre países europeos. 

3.    PROGRAMACIÓN:
Faremos as seguíntes actividades:

Lúns 23:
Durante o tempo de lecer:
            -1º e 2º ESO: torneo de Brilet na pista polideportiva do centro.
            -3º, 3º PMAR e 4º ESO: torneo de Voleibol no ximnasio do centro.
            -1º e 2º BAC: torneo de tenis de Mesa, no espacio onde disponemos de tres mesas de tenis                          de mesa.




                                                    







                                              ALGUNHAS FOTOS DA XORNADA

Martes 24:
Saída de ocio saudable co alumnado de 1º BAC e 4º ESO (Premio do centro a aula mellor coidada do curso 18/19) ao parque de aventura de Viveiro, Roq Park.
Os percorridos adaptaránse á destreza do usuario, polo que a duración dependerá de cada persoa, que deberá ir salvando os obstáculos cunha línea de vida dende o principio ao final do itinerario.


                                                     FOTOS NO ROQ PARK VIVEIRO

Mércores 25:
Saída de ocio saudable co alumnado de 2º BAC  ao Urban Planet de Narón, casa dos trampolins e camas elásticas.




Xoves 26:
Durante o tempo de lecer:
            -1º e 2º ESO:
            Torneo de Brilet na pista polideportiva do centro.
            Torneo de tenis de Mesa, no espacio onde disponemos de tres mesas de tenis de mesa.

            -3º, 3º PMAR e 4º ESO:
            Torneo de Brilet na pista polideportiva do centro.

            -1º e 2º BAC:
            Torneo de Brilet na pista polideportiva do centro.
            Torneo de Voleibol no ximnasio do centro.

                                                         FOTOS DA XORNADA NO IES


                                                                      


   





                                                     
                                                   
                                                     
Venres 27:
-3ª hora da mañá (10.10h a 11.00h): 50 minutos
            -Actividade expresivo-artística, hashtag corporais con acrosport:
            (1ºESO) #BeActive, (2º ESO) #somosactivos
            -Torneo de Baloncesto 1º e 2º ESO.
            CAMPIÓN:1ºA
            SUBCAMPIÓN:2ºB

-Tempo de lecer (11.00h a 11.30h): 30 minutos
            -Exposición de carteis na pista polideportiva todo o alumnado do IES:
            #BeActive, #somosactivos, #GaliciaSaudable


            -Finais do torneo de Brilet entre 1º,2º,3º e 4º ESO; 1º e 2º BAC.
             CAMPIÓN: 2º BAC
             SUBCAMPIÓN:1º ESO A

-4ª hora da mañá (11.30h a 12.20h): 50 minutos
            -Actividade expresivo-artística, hashtag corporais con acrosport:
            (3º ESO) #BeActive,  (4ºESO, 1º e 2º BAC) #GaliciaSaudable

            -Finais do torneo de Voleibol entre 3º, 4º ESO; 1º e 2º BAC.
            CAMPIÓN: 2º BAC
            SUBCAMPIÓN: 3º ESO










                                      







                                                       


 #BeActive #Somosactivos #Galiciasaudable