lunes, 14 de diciembre de 2015

PATINAXE SOBRE XEO

Un ano máis o IES Poeta Diaz Castro decidiu facer a saída interdisciplinar previa a nadal a Coruña.
O alumnado do IES visitou diversos lugares da Coruña, e este ano o departamento de educación física ofertou unha xornada de patinaxe sobre xeo na pista instalada no centro comercial Marineda, pola pista demostraron as súas habilidades alumnos/as de todolos cursos da ESO e BAC, ademáis do alumnado de FPBásica.
Pasámolo en grande e aquí deixovos un vídeo resumo.

martes, 8 de diciembre de 2015

EXHIBICIÓN CUBO DE RUBIK.

O alumno de 1º de BAC Javier López Beres, propuxo ao departamento de Educación Física facer unha exhibición de "speed" cubo rubik para o alumnado da ESO e BAC, facendo honor a eso de "Mente sana in corpore sano".
cubo de Rubik é un rompecabezas mecánico dimensional inventado polo escultor e profesor de arquitectura húngaro Erno Rubik en 1974. 
Na exhibición a cal tivo lugar o día 01 de decembro de 2015 na sala de audiovisuais do centro, participaron alumnos/as de varios cursos (Eva, Agustín, Jesús Roca, Óscar López-Felpeto,...) consistiu en facer coa maior rapidez posible diversos cubos, 2*2, 3*3, 4*4... ante numeroso público.
Este día tamén puidemos ver distintos cubos de rubik tales como: megaminx, piraminx, barrel, mirror, gear, mix up, ...
Posteriormente xurdiu a idea de facer un obradoiro de iniciación ao manexo de cubo rubik para enganchar a esta bonita aficción aos compañeiros/as da ESO, apuntáronse un total de 73 alumnos da ESO, BAC e FP básica.
O obradoiro desenvolverase no tempo de lecer, e cada semá adicarase a un grupo.
 ¡Parabéns Javier e colaboradores polo teu traballo!