Esta é unha experiencia enriquecedora polo entorno novedoso no que ten lugar e as condicións de convivencia durante unha semana con compañeiros e alumnos doutros centros; mentras se aprende e practica un deporte.
Os alumnos deben ter como obxectivo levar a cabo unha actividade formativa, polo que deben comprometerse a asistir todos os días ao curso de skí que se imparta nas pistas e intentarán progresar nas habilidades propias deste deporte. Así como mostrar, en todo momento, unha actitude de disponibilidade e colaboración para cos compañeiros, responsables e organizadores desta semana de skí.
Na distribución e transporte do material alugado terán que aprender a ser pacientes pois son moitos os alumnos aos que se debe atender.
As responsabilidades son grandes en relación ao coidado do material ó subir ás pistas; coidado do material alugado de ski; non perder os vales de comida na estación que eles deberán ter; subir a estación os fortfait que lles permiten utilizar os remontes; responsabilizarse da súa seguridade na pista e da dos outros esquiadores.
A actividade de ski, levada a cabo nun entorno montañoso, supón un esforzo físico elevado, e se a el se lle suma o feito de estar aprendendo e empezando a manterse sobre as taboas; o cansancio que xenera é maior. É unha tarefa ardua o aprender a esquiar. Para iso os alumnos deben ser conscientes de que non é posible trasnoitar e render ao 100% ao día seguínte.
DOCUMENTACIÓN.
Os alumnos/as deberán aportar no centro, antes da data de saída:
- Permiso paterno para realiza-la actividade.
- Autorización para saída de menores ao estranxeiro.
- Unha fotografía tamaño carnet.
- Fotocopia da cartiña da Seguridade Social.
- Fotocopia do D.N.I.
No momento da viaxe deberán aportar aos profesores acompañantes:
- Medicación e tratamento para a súa administración. ( se precisa tomala na viaxe)
ITINERARIO.
- Sábado, 09 de Xaneiro: GUITIRIZ-ANDORRA
Saída pola noite con destino a Andorra. Viaxe durante tódala noite.
- Domingo, 10 de Xaneiro: ANDORRA
O almorzo deste día corre a cargo dos alumnos/as.
Chegada a Andorra o medio día, aloxamento no Hotel e cea. (O xantar dese día corre a cargo dos alumnos/as ) Ese mesmo día realizarase o aluguer do material para non perder tempo de esquí ó día seguinte.
- De Luns a Xoves, 11, 12, 13, 14 de Xaneiro: ANDORRA (Esquí):
Almorzo no Hotel e traslado do grupo á estación de esquí.
Días adicados á práctica do esquí na estación. Cada día os alumnos disporán de dúas horas de clases con monitores cualificados. Xantar nas pistas. Á noitiña traslado ó Hotel, cea e aloxamento.
- Venres, 15 de Febreiro: ANDORRA- GUITIRIZ.
Almorzo no hotel e traslado ás pistas de esquí. Xantar nas pistas e á noitiña traslado ó hotel para aseo, e regreso cara a Galicia. (A cea dese día corre a cargo dos alumnos/as )
- Sábado, 16 de Febreiro: GUITIRIZ.
O almorzo deste día corre a cargo dos alumnos/as. Chegada do grupo a primeira hora da mañá e fin da viaxe.
O PRECIO INCLÚE:
•Autocar durante todo o recorrido.
•Estancia de 5 noites en réxime de media pensión (almorzo e cea).
•Comidas en pista de luns a venres con autoservicio (self – service).•Habitacions múltiples (dobres/triples/cuádruples) para estudantes.
•Material de ski de luns a venres (esquís, botas, bastóns e casco).•Cursiño de 2 horas/día en pista na estación.
•Forfait para remontes de luns a venres.
•Asistencia técnica durante toda a estancia en Andorra.
•Seguro de viaxe + responsabilidade civil para profesores.
•Rifas financiación para axuda da viaxe.
•Utilización de garda- esquís na estación para deposita-lo material ó finaliza-lo día.
•Entrada ao centro termal”Caldea”, entrada nocturna 21 € xa incluido no precio final, probablemente o martes pola noite.
•Descontarase do precio total 15€ se o alumnado ten material propio, e se quere practicar snow terá un suplemento de 30€ no precio final.
•Festa light na discoteca do hotel, un día a determinar, probablemente a noite do xoves.
•Entrada a piscina do hotel unha tarde, probablemente a tarde do mércores.
MATERIAL E ROUPA IMPRESCINDIBLES.
- GUANTES IMPERMEABLES, GAFAS DE SOL, GORRO E BUFANDA OU CUELLO POLAR.
- PANTALÓN E ANORAK IMPERMEABLES.
- ROUPA DE ABRIGO ( CHANDALES E ROUPA DE LA).
- CREMA PARA A CARA CON ALTO FACTOR DE PROTECCIÓN SOLAR E BARRA DE CACAO PARA OS BEIZOS.
- CALZADO COA SOLA DE GOMA.
- CALCETÍNS GORDOS E ALTOS.
- XERSEIS ABRIGOSOS OU CAMISETAS DE CUELLO ALTO.
- BOLSA DE PLÁSTICO GRANDE E RESISTENTE PARA TRANSPORTA- LAS BOTAS DE ESQUÍ.
- MATERIAL ORDINARIO: TOALLA, BAÑADOR, MATERIAL DE ASEO PERSOAL, PIXAMA, ROUPA DE VESTIR.
ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS.
Para a realización da viaxe o máis economicamente posible estanse a realizar diversas actividades nas cales os alumnos implicados participan de forma totalmente voluntaria (venda de polvoróns, rifas para o sorteo dunha viaxe, pulseras do proxecto salvavidas.)
XUNTANZA.
Invítovos á asistencia dunha xuntanza o día 16 de decembro do 2014, no ximnasio do centro, ás 16:00 horas para aclararvos esas posibles dúbidas que poden xurdir preto da data de saída.
DIRECCIÓNS E TELÉFONOS DE INTERESE.
-ALOXAMENTO:
HOTEL PANORAMA 4* en Andorra la Vella.
-PROFESORES:
NOEMÍ FERNÁNDEZ PEDRAZA
MARÍA MIRAGALLA